martes, 13 de marzo de 2018

Mulleres medievais

Da man do Departamento de Historia, e nunhas datas moi representativas, tivemos o placer de escoitar a Miguel García Fernández, historiador especialista en estudos medievais, "que nos contou un relato diferente da historia: a historia das mulleres na Idade Media, que merecen un oco nos libros de texto", en palabras da profesora de historia Yolanda Seara.

A brillante traxectoria de Miguel García Fernández está chea de premios a nivel galego e nacional, becas, publicacións e artigos: é realmente complicado, pero podédela ver aquí, así como o seu currículo académico e publicacións. As súas principais liñas de investigación na actualidade son: Historia das mulleres e as relacións de xénero, historia social de Galicia na Idade Media e raíñas e infantas nos reinos medievais ibéricos.















Ningún comentario:

Publicar un comentario