martes, 31 de maio de 2016

Frases... de cine!!!

Mirade que actividade tan bonita: estivemos xogando con frases das pelis máis coñecidas,  o iso pensabamos nós. O alumnado de primeiro de bacharelato  foi o encargado de identificalas, mais algúns non foron quen de dar coa súa peli de procedencia, así que iniciaron unha investigación na que ademais de dar co filme aportaron datos como a súa data de estrea, ambientación, etc.

Para rematar a xogada tiveron que facer un texto narrativo con todas cantas frases célebres cinematográficas puideran incluír, tratando, claro está, de non perder demasiado o fío.

Mentres, en plástica, abordaron o tema da moda tomando como inspiración todas estas película... Aínda están facendo os seus deseños… pero a cousa vai moi ben! Os de música, pola súa parte, tamén están argallando algo. Sonorizarán curtas da primeira década do século XX...


Deixámosvos as frases célebres, e tamén as pistas para atopar estas estupendas películas na biblio.



Ningún comentario:

Publicar un comentario